martes, 12 de octubre de 2021

REFLEXIÓN...HALO MÁXICO

 Hai días, escribía onte...

Esperto cedo hoxe, pero hai quen madruga máis, i escoito cantar ao merlo que vos debo unha, polo menos...
Unha carreiriña de can ata a Costa da Morte pode ser un bo xeito de pagarlles. O veranciño de san Miguel e unha longa ponte están no horizonte, e o Fin da Terra non queda tan lonxe como parece, Xaquín...
Un lugar onde, ao solpor, o ceo e o mar transfórmanse nunha máxica aperta, mentras os beizos fúndense nun interminable bico de cóxegas...
Onde a rítmica chegada das olas á area da praia, ou seu bater contra as rochas, é o único barullo capaz de rachar, e de que xeito, un silencio que abarca os sentidos e purifica Almas...
Onde, cada tarde, ao tempo que o sol desaparece envolto nun HALO MÁXICO, sénteste engullido por un horizonte de ensoño...
Notas como se afroxan os arames que onte apretaban as alas, e a Alma pode voar libre fora da gaiola.
Tralas verbas de desesperanza donte notaba que vos debía algo, eu que sempre falo de arcos da vella e paraugas de mil cores...
Hai días...
Como paga, a imaxe de como sinto un solpor en Fisterra, un anaquiño do Paraíso na Terra, e unhas verbas, que non fan xustiza a tanta beleza.
Unha visita é obriga, canta o merliño medio pampo diante déla...
Vivilo, querid@s Amig@s, é un privilexio...
A qué esperas...?



                                                    



  Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario