domingo, 24 de octubre de 2021

REFLEXIÓN...DAR PENA

 Venres, amence...

O trino do merliño dime que o sol sairá para desexarnos un feliz finde, bo presaxio...
Coma o comer necesito limpar a mente de todo canto levo escoitando, de deixar a un lado o circo no que se convirteu dende xa fai demasiado tempo a vida política deste País...
Un circo do que os políticos seguen sendo as estrelas, os paiasos que dirixen aos cidadáns convertidos moitas veces en enanos mentales aos que a vida vai metendo nunha pota de barro e cocendo a fogo lento, sen apenas queixarnos...
Semellamos anestesiados, a que se armaría noutros tempos...
Coma o comer necesito limpar a mente, Amigo merlo, pensar no xeito de protexerme destes falabaratos, de toda esta caterva que quere convertirnos en minusválidos intelectuais, en títeres...
Algúns predican dende o púlpito do medo que o fin do mundo para este País está cerca, e que o merecemos por non deixar guiarnos por éles, pero deus e bo e vai rescatarnos...
Don Pelaio está de volta, e coa cruz a lombos do seu cabalo, vai salvar de novo a Patria do poder dos infieis...
Pobres paiasos, coa Alma conxelada e a língua movida polos intereses, tratando de convertirnos en catetos sen cerebros que pensen...
Que triste velos reflexados nun pedestal, rodeados por un áurea que non merecen...
Non te alporices Xaquín por élo, no pecado levarán a penitencia, e aínda hai algo máis triste que meter medo un paiaso, puntualiza o Amigo merlo...
DAR PENA...!!




                                                  Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario