Perdín a conta dos días...
Esperto melancólico, necesito escoitar o cerebro que pensa, o corazón que sente, os consellos do Amigo merlo...Pero, por enriba de todo, o latexo da Natureza que me inspira falándome nunha linguaxe que só a Alma comprende...
O idioma dos amenceres amarelos e azuis sobre o Val, dos embaucadores solpores no Paraíso da Ría
Do trino dos merlos, o voo das volvoretas, o son da auga nas fontes e o rexurdir das árbores e das flores
Da paixón desbordante dos soños
Da eterna primavera...
Perdín a conta dos días que levamos dun outono permanente na Alma, alleo ao noso sufrimento...
Querid@s Amig@s, asoma no horizonte unha luz envolvente e revitalizadora que vai quitarnos o medo, pero semella non ter presa.
Só na Alma daquél@s que son quén de escoitar a melodía da Natureza é sempre primavera...
Reflexado na graneira, e pampo diante da lúa, espalla seu canto o merlo larpeiro...
Repenica nos oídos unha melodía de cores, creemos a coreografía...
Abrámolas alas, movamos os pés, non perdamos tempo...
BAILEMOS...!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario