martes, 12 de octubre de 2021

CHISPA

 

Chegastes coma luz do dia

despois d´unha noite escura

coa túa cara pintada

trouxéstenos fermosura

 

chegastes moi pequeniña

coa túa manta de loba

os teus ollos como raios

oubeándolle á Lua

 

medrastes ó noso par

botando raices puras

cantabas á noite insomne

con un choro de amargura

 

hoxe quérote arroupar

compañeira sempre fiel

nos teus ollos derradeiros

levarás a miña pel

 

as duas lobas do monte

corendo con liberdade

recollendo o ar puro

agárdame mais alá!

    M. Dolores Ríal,2021

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario