sábado, 16 de octubre de 2021

A TÚA MIRADA

 

 

  A túa mirada fica no Sar,

a túa sombra déitase na lua,

ergueita cara ó Ceo

con mil poemas

que a miña gorxa deixan muda.

Rosalía noite e día,

chora e canta na beira do río,

deixan a sua letra na pedra gravada,

aos corazóns que queren escoitala.

Muden en pedra o seu sentimento,

pra quedar pra sempre ó noso carón,

pra que nunca se esquenza

que o noso pobo ten unha estrela

que alumea Padrón.

   M. Dolores Ríal,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario