domingo, 22 de agosto de 2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (46)

 

¡Ai que piñeiro tan alto...! n´o medio ten mil enredos, o galan de mòitas damas nunca está c´os ollos quedos.

Teño unha galiña chòca e ham´a de come-l-o cuco pèga tres vòltas n´o aire tócall´o pito, Farruco.

                              (cantos populares)

O que tèn fillos non lle podrece o pan...

O boi po-l-a còrda e o hòme po-l-a palabra.

Po-l-a liña ven a tiña.

Po-l-a Santa Mariña deija a sacha e colle a fouciña.

                              (ditos populares)

 

No convento d´Acibeiro había un frade galiñeiro qu´asi que se puña o sol churras, churras, ò poleiro.

                             (poesía popular)

 

Non poña-l-o pè n´o meu, nin a man n´a miña, qu´anque son moza solteira, espèro de ser casada.

                              (canc. Popular)

 

Po-l-o San Anton, toda galiña pòn;

Po-l-a Candelaria, a boa e a mala.

Amiguiño sí; pró o porco po-l-o que vale.

Po-l-o que garde n´o meu peito non teño pleito.

Comerciante e pòrco, despòis de mòrto.

                               (ditos populares)

  Jesús Guimarey Mascaró,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario