A voar, que son dous días...
Buscar a felicidade é inherente ao ser humano, perseguir os soños debería ser un reto diario...Para élo, é unha obriga abrir a porta da gaiola e deixar voar a imaxinación co cartafol dos soños colgado das alas.
Non sei a qué esperas, Xaquín, onde vai que na túa vida amenceu, canta o merlo subido na gamela ollando o Paraíso de Cortegada...
Corta os fíos que che aten as alas, deixa as dúbidas e os medos a un lado, e voa na procura dos soños por lonxanos que agora os vexas.
Eu xa teño uns anos, merliño, e as alas moi gastadas para emprender novos voos.
Poñerlle portas aos soños é vivir a medias, xamais o esquezas.
VAISE a VIDA e semella que camiñamos arrastrando os pés apoiados nun bastón, no lugar de abrir as alas e bicar os ceos onde habitan os soños, que só deixan de cumprirse cando o soñador estire a pata.
Mentres... A voar, que son dous días, querid@ AMIG@...

No hay comentarios:
Publicar un comentario