domingo, 8 de agosto de 2021

REFLEXIÓN...TODO CHEGA

 Tarda en chegar o verán, pacencia...

Esperto e, antes de asomarme á fiestra para ollar como segue de vacacións o sol, xa escoito o trino do merlo, non ten parada mesmo en domingo; pero sabe pór o contrapunto da calma na espera de respostas a seu canto.
Se a Natureza é sabia non pode estar trabucado cándo me di que ten a impresión de que voo no lugar de camiñar, i élo está reservado para os páxaros...
Despaciño e boa letra, leva un ritmo máis pausado, corres demasiado...
Disfruta da paisaxe que tes diante, adquire para a túa vida o ritmo da Natureza, que che recorda que con pacencia TODO CHEGA.
Tarda en chegar o verán, primavera en pleno agosto...
Terás queixa...? Nunca estás contento con nada. Colle a paleta e os pinceis e pínta cada día coa cor que máis che agrade, volve a espetarme...
Cándo queiras ter a ben, querido sol, aquí espero por tí no medio do Paraíso, non vou alporizarme, é o que debes decirlle.
Querid@s AMIG@S, din que o segredo é a pacencia, que todo acaba chegando.
Traxe, gravata, paseo...
Chegará tamén o verán...!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario