domingo, 22 de agosto de 2021

REFLEXIÓN...O TOLO DOS PINCÉIS

 "...Non durmirei, verei os primeiros raios de sol dende a fiestra do meu insomnio." (J. C.)

Se a pesares teus ollos caen rendidos e o sono apodérase do teu corpo, recorda ao abrilos coas primeiras luces que espertar non é deixar de soñar, di un tolo disfrazado ás veces de cordo, ou un cordo tachado de loco outras moitas porque fala cun merlo.
Os primeiros raios de sol iluminan o Ulla, un mar feito río ou ao revés, xa non sei...Amence un marabilloso día de primavera.
Xa está aquí o loco soñador, O TOLO DOS PINCEIS, nada ten de real a imaxe co día de hoxe nen estamos na primavera, dirán aquél@s cunha Alma sen ollos, fría, desesperanzada, triste, sen alas para voar fora da xaula na que viven nun inverno permanente, mágoa.
Quizais, Xaquín, os soñadores sexan moitas veces os máis realistas, escoito que canta o merliño chiscándome un ollo.
Do seu peteiro amarelo, querid@s AMIG@S, sae cada día un trino, unha reflexión para quén queira escoitala...
Non é unha obriga, por suposto...!!





                                        Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario