domingo, 1 de agosto de 2021

BRANCA VELA

 

Suspiros d´o mar Atlántico

puxa o vento d´o nordés

axudando a navegar

o meu barquiño velero

 

hinchadiña polo vento

branca vela da Arousa

navegando con soltura

coa axuda da marea

 

surcando as augas da Ría

camiño de Compostela

enfilando o Gran Ulla

e máis tarde o Río Sar

 

oteando dende a proa

avístase a gran Vila

o río perde calado

arribamos a Padrón!

 

Ó pe da ponte romana

fondeou o” gran navío”

de sete metros de eslora

replegando o seu velamen

 

imitando a antiga ruta

d´o noso Apóstolo Santo

para celebralo día

d´aquel navío cristián.

  Miguel Alberto,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario