lunes, 5 de julio de 2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (40)

     Se quères que corresponda a mullèr ò teu cariño, non poñas amor por diante; empèza             por seu amigo.  (cant. Popular)

Mullèr de cego que se compòn mòito, non se compón pra èl, se compòn pra outro.

A mullèr e a sardiña, pequeniña.

A mullèr e a cabra a pata quebrada.

A mullèr e o hòme honrado, po-l-o camiño do carro.

A mullèr que mòito fala, ò millor desbarra.

O que tén mòitas mullères nunca enviuda, (ditos populares)

 

Pòis traballei de còte às fortadelas, po-l-o amor d´o meu pai que me batía, sèmpre que me topaba musìcando n´estas chilindradas como èl dice. (V. L. Carbajal)

 

Musga os teus diamantes ollos; miña prenda, cal soìas, cando a manciña metias n´o seyo de tüa nai, mentras qu´a guedella d´outro qu´a tèstiña che crubía éla crenchada poñía para alegrar à teu pai. (F. M. de la Iglesia)

 

N´hai Sàbado sin sol, nin romeiro sin a frol, nin dama sin amor.

    Jesús Guimarey Mascaró, 2021



No hay comentarios:

Publicar un comentario