REFLEXIÓN...SINTAMOS
Esperta Xaquín, que onde vai que amenceu e nótoche pampo. Os ollos serven de pouco...
Amigo merlo, atópome en Babia, e non hai discapacidade máis grande que a indiferencia ante a beleza da Natureza...
Esa perpétua encantadora de serpes, eterna embaucadora de Almas.
Unha imaxe pode ser fermosa polas súas cores, pero sobre todo vai selo polo que transmita e nós sexamos quén de interiorizalo, por facer que nos medren as alas...
Observar como o astro rei deixa instantes máxicos sobre o fin da Terra non ten pago, faranos sentir, atoparnos a nós mesm@s...
Voar fora da gaiola na que moitas veces semellan encerrados os soños.
Os ollos serven de pouco, querid@s AMIG@S, se non ollamos coa Alma...
Se non abrimos as alas, levantamos o voo e perseguimos os soños, mesmo os ollemos moi lonxe, alende dos mares.
E non hai alas máis grandes, nen Alma que máis se enchoupe, que as dun nen@ que un día fomos...
Os ollos serven de pouco...
SINTAMOS...!!
Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario