Neste grande día
da querida Patria
orgullo da Terra
d´esta gran Nazón
¡vinde irmáns queridos
todos en multitude
a festexar, aquí reunidos
o noso Sant- iago!
na fermosa vila
que leva o seu nome
por ser coñecida
a Cidade Santa
fermosa cidade
noutrora chamada
o Campo da Estrela
hoxe...Compostela
xa van dous milenios
d´aquelas andanzas
do apóstolo Iago
por esta bisbarra
por terras de Iria
dende a súa arribada
deixou as pegadas
por onde él pasaba
celebremos todos
o día da Terra
pola independenza
e a liberdade!!!
Miguel Alberto,2021
No hay comentarios:
Publicar un comentario