martes, 29 de junio de 2021

REFLEXIÓN...VIDA SATISFEITA

 "Non debemos preocuparnos de vivir moitos anos, depende do destino. Sí de vivilos satisfactoriamente".

Aínda o luns de zapateiros non amenceu e tí, Xaquín, filosofando, Séneca nada menos. Non queres logo que digan que tes unhas pingas. Son benévolos, jajajajaja...
Non che esperaba tan cedo, larpeiro. Pensei que hoxe recuncarías no niño papando as cereixas que onte trouxen do mercadiño, que por certo estaban ben boas e vaia farta. Pero tí, sacando punta sempre, jodedor, que diría unha Amiga...Sacaría o tirapedras, pero salvouche que este pantalón detrás non ten peto.
Aproveitando que estás aquí, e coa barriga chea que se pensa mellor, non é cuestión de desaproveitarche, pois o teu trino acaríñame sempre os miolos. Dime, qué é para tí vivir plenamente...?
Xa fas preguntas para nota, pero vou respostarche igualmente, a risco de non acadar o aprobado siquera...
Chamarialle soñar, se o amencer é unha explosión de cores na Alma...
Paz, se o reloxo vai debullando as horas sen presa...
Conciencia tranquila, se cada día podes observar o solpor pampo...
Almofada mullida, se chegada a noite e feito o reconto dormes a perna solta...
Estasme decindo, querido merliño, que unha VIDA SATISFEITA só depende da Alma...?
Así o vexo, Xaquin. A Alma é quén elixe as cores coas que vós, os artistas, pintades o cadro diario da vosa existencia.
Querid@s AMIG@S, mentres vou deixando atrás a aldea camiño de "galeras", coa paleta das cores colgada das alas, vou pensando no canto do merlo...
Na parede da graneira, para quén queira escoitalo, soa seu trino...
Seu eco, resoa na Alma...!






No hay comentarios:

Publicar un comentario