lunes, 7 de junio de 2021

REFLEXIÓN...SOÑAR SEMPRE

 Amence un fermoso luns de zapateiros...

No Val sopla un nordés que refresca os beizos. Boa falta fai para atemperar a calor destes días de primavera...
Mágoa non refresque tamén algúns cerebros e línguas.
Semella que a vacina provocouche febre, dime o merliño sorrindo. Alporízaste por nada, jajajajaja...Son os efectos das mascariñas, algúns non as cambian nunca e rematan coa boca chea de podremia.
A pesares, son dos que pensan que debemos enseñar a ollar a beleza mesmo aos"cegos", teñen Alma ainda que no crean.
Pero o "sol" queima, e se te expós en demasía pode que algúns queiran convertirche nun saco ao que golpear para desfogarse...
Dalgún xeito, doe. Pero non fai dano quén quere senón quén pode, e aí seguirán dando marteladas nun ferro frío.
Quizais a mente non esté hoxe en condicions de escribir unhas verbas mínimamente interesantes, xa non digo intelixentes que para algúns non está nunca.
Nen ollando as cores do Val amencendo, nen escoitando os consellos do Amigo merlo dende o graneiro. Mañá, veremos...
A solución pasa polo silencio...Falar menos, escoitar máis a Natureza e soñar...SOÑAR SEMPRE !!
Soen decir que falar alivia as dores e as penas da Alma. Pero escoitando as ensinanzas van ser moito máis gratificantes, sobre todo se o que dis, como é o meu caso para algúns, son só vanas verbas.
É doado de entender así o porqué a sabia Natureza dotounos dunha soa boca e dúas orellas. Hai quen pensa que é pola posibilidade de ter que usar lentes...
Morderme hoxe os beizos ante os sapos que saen dalgunhas línguas pode que me produza urticaria, pero evitarame o paso polo confesonario.
Caladiño estás máis guapo, soe decirme o merliño.
Seino, e tampouco é moi difícil; unha pequena pinturiña é suficiente, como decía onte...Ésto non é máis que un asubío que espallo ao vento para quén queira escoitalo.
Querid@s AMIG@S, coma cáseque sempre ten razón o condenado de merlo, terei que facerlle algo máis de caso.
Amence no Val un fermoso luns de zapateiros...Se alguén pensaba amargarmo non coñece ao fillo mais novo de Xulio e Amparo...
Co cartafol colgado das alas, cheo de cores e pincéis, vou seguir soñando.
Eres "jodedor"Joaqui, diría unha querida Amiga do outro lado do charco...!!




Xoaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario