martes, 15 de junio de 2021

REFLEXIÓN...SOÑAR BONITO

 "Queda con deus, mañá é outro día e voltarei co cartafol dos soños..."

Coa paleta das cores e o pincel aínda na man, saúdame o sol desaparecendo sobre os Castros de Bexo, vixiantes pampos...
Deixa pintado un ceo de azuis, amarelos e bermellos, presaxio dunha noite cálida e de soños ardentes...
Trina o merlo, canta a Xílgara...
Respóstalles no alto do castiñeiro un reiseñor zalameiro e presumido...
Chisca un ollo o Ulla, detense a vida nas Brañas...
Cheira a primavera, alporízanse os sentidos...
Todo o Val é un feitizo...!!
Esperta Xaquín, non hai psiquiatra de garda, cántame no oído o merliño.
Sáeme dos beizos, querid@ AMIG@, un sorriso...
É o que ten SOÑAR BONITO...!!




  Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario