sábado, 8 de mayo de 2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (32)

 

               

Pasei po-l-a túa porta, non che vin palla n´a eira, nin che coidei, rapaciña que tiñas tanta laceira. Laceira: pobreza. (cant. Popular)

 

Prende salgueiriño, prende, prende de pòla n´a lama; tamèn meus ollos prenderon n´o corazón d´unha dama. (cant. Popular)

 

¡cal os outeiros arden d´o sol d´outono ò lampo derradeiro, mentras sombrisa a noite vai caladiña os valles sorprendendo!  Lampo: raio de luz. (Rosalía de Castro)

 

À primeira vez...quietiño; â segunda, cal si mosca lle fuxicase as orellas,

Dèuse un lapo...Èla destoncias sentiu un escarballeo que ll´andaba po-l-a gorxa.

Destoncias: dende aquela.  (A. J. Pereira)

 

Estudiantiño lareiro, qu´estudias tras d´o lar, ¿cando t´hei de ver, lareiro, da-l-a vòlta n´o altar?

Eu pedin o lèite à vaca, a vaca pideum´a hèrba; herbiña lle pido ò prado e o prado pídeme rega. (cantos populares)

 

Que se ti ja ler souperas os palòtes qu´eu escribo, escribírach´unha carta n´as alas d´un pajariño. (Rosalía de Castro)

  Jesús Guimarey Mascaró, 2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario