sábado, 8 de mayo de 2021

REFLEXIÓN...LICOR DE ESPERANZA

 Hoxe é o día...

Desperguízome ollando como o Val vai retomando a vida, pode que tamén a morte...
A mañá é levadeira. Nas Brañas, coa chegada da primavera, xa non voa baixo o graxo, mesmo espoldréxase o merliño coa idea de deixar o niño e votar unha cantarela...
De momento só escoito o son do silencio que o abarca todo. Ese son que me explica aquélo que as verbas non son capaces de facer ver...
A música dos amenceres
Os poemas musicados do arco da vella dos solpores
A banda sonora da vida, que cada día se escribe no pentagrama e soa no tiovivo
Os latexos da Alma, esa poderosa voz interior de berros de auxilio, que grita aos catro ventos cada mañá que a subida ao carrusel é unha nova chamada a bailar ao ritmo da esperanza e da rebeldía...
Escoito o son do silencio e brindo, co sol asomando sobre o Pico Sacro e o Ulla por testigos iluminándome o corazón, cunha copa de LICOR de ESPERANZA...
Hoxe é o día marcado para pór a vacina...
Un pracer ben grande, querid@ AMIG@...!




No hay comentarios:

Publicar un comentario