E comenzou
o vals dos namorados
tan sentidos!
tan calados!
que volvoretas chegaban
voando por todos lados
as miradas cruzadas
e, cegos os pes, xiraban...
as mans apertadas
enchendo de luz as pegadas
buscando ó unísono
o pulo do corazón
as fazulas sorrian
sen perder o compás
e a xente brincaba
contaxiada, sen máis
polos sentimentos
ciscados no ar.
M. Dolores
Ríal,2021
No hay comentarios:
Publicar un comentario