"A vida é a ruleta..."
Saiu onte negro, pode que sexa vermella hoxe a cor da Alma...
A Natureza é sabia, e trala tempestade chega sempre a calma, esa beleza que nos transmite una paz interior tan difícil de explicar e tan necesaria...
Ollar un amencer non é sentilo, observar o sol asomando de mañanciña pode que a tí nada che aporte, e sexa para min esa cor vermella, esa recarga anímica que a Alma necesita para enfocar o día...
Indiferencia para uns, vitaminas para outr@s...
Quén nos creou tan distintos, quén decidiu que as Almas non traian de serie beleza e sentimento de felicidade xuntos...?
A Natureza terá súas razóns para actuar dese xeito, por moito que en ocasións seus designios teñan unha difícil comprensión para nós, simples mortais.
A Natureza, ese bote de MARMELO ao que mentras uns non atopan o xeito de meterlle o dente á tapa para abrilo, outr@s trágano a culleradas.
"A vida é a ruleta na que xogamos tod@s..."
Logo do mal trago de vinagre donte, un sábado sen trinos, sexa doce hoxe o marmelo que me ofrece o amencer sobre o Xesteiras, unido ao canto do merliño larpeiro.
Domingo, traxe, gravata, vermello...
Querid@s AMIG@S, é a hora do paseo...!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario