lunes, 8 de marzo de 2021

REFLEXIÓN...BAILAR

 É o baile a coreografía da vida...

Ese toque de imaxinación que nos conmove
cando escoitas soar un instrumento, e o máis melodioso é a nai Natureza...
Sempre está soando, mágoa se non o escoitas, dándolle vida á música debuxada no seu provocador pentagrama.
Da grandeza da nósa Alma dependerá ollar súa exuberante beleza, escoitar seus violíns interpretar as melodías das súas cores reflexadas nunha eterna primavera...
Enchoupar nóso maxín desa música celestial, ou do máis profundo silencio que todo o envolve, de luz ou oscuridade, e poñerlle a máis doce letra que nos brote do manantial que levamos dentro...
Esa imaxe, querid@s AMIG@S, do Paraíso da Ría que nos provoca, que nos fai mover as alas da imaxinación, BAILAR coma volvoretas...
É o baile a coreografía da vida, agochada no máis fondo da Alma...!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario