RELEXIÓN... MAR CALMA
Amence un luns máis de inverno...
No porto, diante dun mar coma un prato, un zapateiro vota un pitillo mentras á mente acúdelle o refraneiro...
Luces e sombras conforman a travesía da vida, momentos de calma chicha e de furiosas tempestades, de subidas aos ceos e baixadas aos infernos, alternan na Alma...
Non dura sempre a ledicia, tampouco a tristura será eterna, cada día vivirás unha nova aventura e terás que sacar conclusións déla...
Brinda polos momentos felices, cando o vento dá de popa e a travesía semella sinxela, pero o verdadeiro aprendizaxe sentiralo cando os ventos veñan mal dados, tórnense os ceos oscuros e a mar brava, e a mente ólleo todo nublado...
Deberás vestir a roupa de augas, agarrar o remo e vogar máis forte que nunca, pero daí sairán, querid@ AMIG@, as ensinanzas que van guiarche nas futuras e incertas travesías...
Amence un día máis de inverno, no porto a MAR CALMA...
Non irá ao fondo a gamela, pero dun mar así xamais sairá un bo mariñeir@, di o nóso rico refraneiro...
Apaga a cabicha que remata na auga, segue o paseo o Amigo zapateiro...!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario