Estaba eu asfixiada polas dúas mascarillas e ese
exercicio físico nuclear (polo da onda que che entra a atacar os riles sen
previo aviso) cando entre a mala uva do
traballo que salía torcido é a compañía
que me tocou hoxe, a cabeza a explotar, a ansiedade que me fixo tirar catro
veces do inhalador e entre o ruido bestial, alí na máquina, mirando @s
compañeir@s, dóume un ataque de risa (quizáis polo efecto taquicárdico
consecuente de inhalar tantas veces o meu salvavidas) pero alí enriba. Nunha
parada en boxes fixéime no maquinista é
claro, agora fíxase nas muecas é nos ollos, e os del pedían pan por señas,
porque entre gritos interpretou mal as indicacións da produción, él xordo,e a
outra que ma deron en adopción desde que entrei nesa nav, e non teño santo que
ma saque denriba que xa parece a miña siamesa, que non se aclararon e xuro que
por un intre voltei o cine mudo, é o de hoxe daba para un serial, solo faltou
que nos ordenaran rematar o chollo, e se tiro do medicamento unha vez máis
sácanme por urxencias ou métenme na cámara hasta mañán que me sacarían montada
nun palet de yoyo e tres ou catro estalactitas enganchadas na cofia. Cousas do
traballo.
Mano
Figueira,2021
No hay comentarios:
Publicar un comentario