martes, 18 de noviembre de 2025

A MAREA

                          

A marea sube e baixa

cando sube trae riquezas

das augas dos nosos mares

logo baixa e fica o limo


para alimentar a fauna

da gran riqueza mariña

berberechos, mexilóns, ameixas

e tantas especies máis


tamén nos deixa o argaso

que tanta riqueza ten

pra abonar a nosa terra

riquezas...e máis riquezas !


Tamén trae soedades

de tantos que se marcharon

na procura do sustento

e nunca, nunca voltaron !


Recordos de mariñeiros

por eses mares do mundo

para gañar o sustento

traballando sen descanso


a marea sube e baixa...

faenando pola Ría

recordos da nosa infancia

no amencer de cada día


pasarán anos é séculos

seguiremos mariscando

con amor á Gran Arousa

a marea.. sube e baixa!!!


 Miguel Alberto, 2025




  


No hay comentarios:

Publicar un comentario