martes, 8 de julio de 2025

FOLLAS DE CASTIÑEIRO

    


  Como se nota a vida,

nas follas do castiñeiro,

cheiño de follas está,

ó carón do pexegueiro.


Hasta a xanela da casa,

chega o seu recender,

enchendo o meu fogar,

co frescor do seu perfume.


Cantas veces te subín,

de cativa cos meus primos,

cantos recordos me trae,

con tristura e agarimo.


Baixo a túa sombra medraron,

os meus tres fillos,

agora feitos uns homes,

navegando noutro río.


Como se nos vai a vida,

cando vislumbramos a meta,

os nosos pais xa se foron,

agora son po da terra.


Cando eu fique,

ti seguirás aquí,

dando sombra a outra xente,

como ma diches a min.


  Paki Espiño, 2025



No hay comentarios:

Publicar un comentario