martes, 25 de febrero de 2025

ROSALÍA DE CASTRO

Con ela rexorde... 23 de febreiro de 1837, no ceo axeónllanse os astros... Nace unha nova estrela, ROSALÍA DE CASTRO, a gran Poetisa da Nosa Terra... 

No día de hoxe, mentras olla o Val que ela tanto adoraba, dende a súa atalaia, a cruz da vella graneira na aldea de Bexo, faille as honras o merliño espertando as Brañas cantando : "...prados, ríos, arboredas, muiños que move o vento, páxariños piadores, casiña do meu contento..." Abro a lacena da Alma dende a que escoito o avó Salvador, "O Fariñas", recitando "amoriñas das silveiras..." Sacándoa da "negra sombra" na que parecía metida, rexorde con ela a nosa língua.... Desbórdanselles os sentimentos, lendo o que da súa pluma brotou, a quenes senten coa Alma... Máis que escribir versos provoca os sentidos, levou a morriña á categoría de arte cunha desgarradora sensibilidade... "Como chove miudiño, como miudiño chove, pola banda de Laiño..." 

Son versos que nos emocionan a moit@s dos que vivimos nas Brañas, e hoxe mesmo, mentras canta, fan que polas meixelas do merlo asomen as bágoas... "Muiño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras, da igrexiña do lugar..." "Abre a fiestra que quero ollar o mar..." 

Din que foron as súas derradeiras palabras, en Padrón, no lugar da Matanza, onde hoxe se atopa o museo que a lembra... 

 A imaxinación por fronteira, merliño... Mil grazas por tanta tenrura... Eterno luceiro...!! 

O Paraíso existe 

 

 

                                                   Xaquin Miguéns Ces
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario