O día amenceu "carrancudo". Chove, carallo, chove, decía meu avó xa farto...
Para arranxalo faría falla darlle unha pintura, e non recordo onde teño gardadas as cores...
Debe ser cousa dos anos, ou do outono que galopa desbocado sobre a Alma, merliño.
Eses son os folgos cos que te levantas para adicarlles unhas verbas que lles alegren o día a aquel@s que tanto che alentan, Xaquín...?
Deberías estar preparado para ir ladeira arriba e ollar unha nova perspectiva do Val que non sexa a que tes ao abrir a ventá cada amencer, coa graneira enfronte...
"Se non escalas a montaña non poderás ver a paisaxe."(P. Neruda)...
Calzadas as zapatillas, cun sorriso nos beizos, as alas sempre dispostas a emprender voo, e ben abertos os ollos da Alma, deberás estar listo cada abrente para afrontar a montaña da vida, cun cumio difícil de acadar tantas veces...
Pero nada máis grande, Amigo Xocas, que a satisfacción de superar os atrancos que vaian aparecéndoche a cada chanzo...
É o xeito de ires escribindo O TEU LIBRO, de complicada edición case sempre, engadindo páxinas cos pés e renglóns coa pluma da Alma...
Visualiza o camiño, mesmo cuberto de follas secas, aprovisiónate da ilusión necesaria que che alonxe da morriña do outono, vístete cun sorriso de orella a orella, mira cara arriba, e adiante...
Por duro que sintas o desafío, Xaquín, só así acadarás o cumio...
Pensa na paisaxe que che espera do outro lado, que tanto paga a pena.
E ti, querid@ Amig@ da Alma, que nos botabas de menos, telo cartafol listo...?
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario