miércoles, 2 de octubre de 2024

ELECCIÓN

 



 Onde vai que amenceu co ceo do Val cuberto de brétema, tamén o meu...

  Pasei a noite entre tenebras,  preocupado polo meu Amigo, nen ganas teño de coller a pluma e garabatear unhas verbas...

  Unha chuvia miudiña, que diría a gran Rosalía, é un día máis a dona das Brañas...

  Que lle den, digo eu, un vulgar picapedreiro  farto de inverno...

  Ollo valeira a cruz da graneira, ninguén se espoldrexe no niño, e mira que é tarde...

   A Alma está triste, non escoita por ningures o trino do merlo, mágoa...

  Ou atopou unha boa "silveira" pola beira da Ría e segue de festa, ou "foi jorda"...

  Quédame elexir entre as bágoas e pasar o día co pano na man, ou abrir o cartafol e botar man da paleta das cores, dos pinceis, e deixar que a imaxinación voe...

  A ELECCIÓN é sinxela...

  Que choren os ceos ata que farten, e o

verán e o merlo, cando queiran, que volten...!!


  O Paraíso existe 



                                                               Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario