Ollando a imaxe coa que o sol tivo a ben espertarche e ti, Amigo Xocas, alporizado...
Non é dabondo, diante deste abrente de ensoño, escoitar o meu trino nas Brañas...?
Onte, Xaquín, foron os políticos quenes che abriron a billa, non podo estar máis de acordo contigo...
Que che tira hoxe do xenio.?
Amigo merlo, di un proverbio xudeo que non debes arrimarte a unha cabra por diante, a un cabalo por detrás, e a un tonto por ningunha parte.
Están de moda os acertixos, Xocas.?
Merliño, pedinche axuda no caso do sacho, hoxe vou tratar de explicarme daquela maneira :
Vivimos, larpeiro, nunha virtual e inmensa rotonda na que se perden de vista o número de carrís polos que tod@s circulamos...
Debes estar moi atento, porque en calquer intre pode saír o "listo de turno" polo carril que non corresponde, e sen pór o intermitente.
Xaquín, cada quen ve a feira, ou a romaría, según lle vai nela...
Uns baballan cunha tapiña de polbo e unha cunca de viño tinto, algúns brincan co ritmo de Extremoduro, e a outr@s emociónaos unha gaita co son dunha muiñeira.
Ata aí, merliño, estou dacordo. Polo que non trago é con que non poida botarme a bailar, e deixar voar a Alma, co canto dun paxariño.
Xocas, disfrutarán se notan que te alporizas.
Pode, merliño, que teñas razón e non deba respostarlle, pero non é sinxelo calar a boca cando circula cansino pola rotonda, unha e outra vez tocándoche os pinreles, o mesmo IDIOTA de sempre.
Xaquín, adicástelle xa demasiadas verbas e tempo para os méritos que ten, deméritos máis ben se o xulgas ben a fondo...
Onde non hai non se pode sacar, que decía a avoa Luisa, recorda...
Vixía a rotonda se o cres necesario, e cambia de carril se aparece novamente, pero nada mais, Xocas. Ignoralo é o meirande desprezo...
Quédate coa relaxante luz do abrente...
A Alma agradeceracho...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario