domingo, 10 de marzo de 2024

SOMOS CÁNTO SOÑAMOS


  Escoito  cantar o merlo moi preto do niño na súa atalaia preferida, a cruz do vello hórreo, dende a que domina todo o Val de Laiño...

  Subido nun tiovivo, do pentagrama da Natureza sae unha música relaxante...

   O sol ilumina a aldea, miro o xardín, éncheme os ollos da Alma de bellos poemas a ave do paraíso...

  Disposto a seguir pintando os máis doces soños, co cartafol cheo de pinceis, emprendo o voo subido nas súas alas de cores...

  Mentres falan as corcheas e os silencios, ao abrigo da graneira cantan os páxaros, bailan as flores.

  Esperta, Xaquín...!!  Amenceu un día gris, "carrancudo", hoxe "lorenzo" pideu un "moscoso"...

   Chove arreo nas Brañas, fai un frío que queima peteiros e beizos, e ti divagando no niño do deus Morfeo.

  Amigo merlo, ti tamén queres pórlle gaiolas á Alma...?

  SOMOS CÁNTO SOÑAMOS, merliño...

  Os soños xamáis tiveron arames...!!

 

  O Paraíso existe 




                                                               Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario