domingo, 10 de marzo de 2024

 IGUALDADE, HOXE E SEMPRE...!!

  "A desigualdade é unha pesada cruz coa que  as mulleres cargan ás costas...

  Albíscase ao lonxe unha raiola que dé paso a un horizonte de esperanza...?

  Só queda ter fe e seguir pelexando."

  Repinica nos meus oídos o canto que o merlo Amigo espalla deste xeito polas Brañas...

  Estamos adicando un ano máis o día 8 de marzo a un dos seres máis fermosos que creou a Natureza, A MULLER, e a reivindicar os seus dereitos...

  Todo semella na súa contra, mesmo cae auga a mares para deslucir os actos previstos, unha borrasca máis das moitas que as ameazan...

  Ata cando, merliño, fará falla saír ás rúas para reclamar o que é delas.?

  Para empezar, Amigo Xocas, algo estaredes facendo mal se cada data do calendario é sinónimo dunha reivindicación, e non vos chegan a nada os días do ano...

   Direi a continuación que me avergoño, sinto que me cae a Alma aos pés ollando como esta sociedade machista e patriarcal avanza de lenta en pleno século XXI, se non vai cara atrás, na procura da IGUALDADE. Mesmo poño en dúbida que o home desexe realmente abandoar a caverna neandertal da que se cre dono e na que se atopa tan confortable...

  Algo Xaquín non funciona cando día tras día teñen que loitar por uns dereitos cos que súa Nai as dota de serie, pero que lles son roubados axiña saen do ventre e botan o primeiro choro...

  A desigualdade é unha lacra que está latexante, a deus grazas tamén a loita por rematar con ela a pesares dos moitos ventos en contra que proliferan...

  De non baixar os brazos e continuar unha pelexa que é cousa de tod@s depende a victoria que conlevaría a derrota do machismo cavernario que a miúdo as ameaza e as trata como unha pertenza, mesmo coma lixo, Xocas.

  Nada teño que engadir, merliño, penso que falastes coma un libro aberto. Só queda facer exame de conciencia sobre a actitude que temos para con elas e o que representan.

  Ata cando a celebración do 8 de marzo como Día da Muller...?

 IGUALDADE, HOXE E SEMPRE...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario