lunes, 5 de febrero de 2024

A VIRXE DA BELÉN


  Chamábanlle Xaquín...

  Diría, máis ben, "o desaparecido", igual que a canción.

  Trabúcaste, Amigo merlo. Simplemente tiña  en remollo os miolos á espera dalgún acontecemento importante. Cheguei á conclusión de que non paga a pena saír á palestra tódolos días a escribir unhas verbas para non decir algo nen medianamente interesantes para ninguén.

  Jajajajaja..., cando escribirías unha palabra que chamara a atención dalguén, Xocas.?

  Merliño, nen o pretendo, todo cánto digo é para min. Outra cousa é que haxa quen queira facelo seu, e sorría porque lle gusten os fogos artificiais que de mañá reflexo no graneiro diante da lúa ensoñadora, e o trino que ti espallas ao vento das Brañas.

  E que che trae por aquí hoxe, Xaquín.?

  Amigo merlo, mentras cantabas non oístes o estoupido duhas bombas de palenque.? Cal pensas que é o motivo delas, e de que no almorzo paparas un anaco de pan de centeo con uvas e noces no lugar de alpiste.?

  Onte fuches a Rianxo, ao mercadiño, Xocas.

  Ai, larpeiro, larpeiro...Na aldea de Bexo, cada ano hai dous días de festa rachada, un celebrámolo fai ben pouco, o do Patrón da aldea, San Amaro...

  O outro é o da súa compañeira de cuitas na ermida, A VIRXE DA BELÉN, que celebramos cada 25 de xaneiro...

  Traxe e gravata son obriga no día de hoxe, escóitanse foguetiños co pasarrúas...

   Misa cantada, procesión, música de gaita, a

 capela espéranos engalanada...

  Merliño, non chegues tarde...!!

 

  O Paraíso existe 


                                                                Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario