martes, 7 de noviembre de 2023

RELAXACIÓN


  Ata cando...?

  O forte vento deixou espida a vella maceira, orfo e manco o limoeiro...

  As fontes do ceo non deixaron de botar auga a cachón ó longo da noite...

  Na horta afogaron os repolos, nada se sabe dunhas rabizas sementadas fai pouco...

  Quero un diván.!!

  Un imaxinario paseo en primavera pola ribeira do Ulla, con parada no banco de Anguieiro, arranxa o problema...

  A luz e as cores do ceo reflexadas nas Brañas son a medicina que necesito, a Natureza é un estado de ánimo.

  Escoito o trino do merlo, non podía ser doutro xeito:

   Xaquín, as emocións que ti sentes ollando o solpor que tes diante pode que nas sintan a meirande parte dos mortais...

  Os sentimentos ante o que a nai Natureza transmite saen dalá dentro, Xocas.

   Mágoa, merliño, porque eu non atopo un mellor psicólogo para a miña Alma...

  Paz, RELAXACIÓN, a sensación de pasar de non ter tempo a non ter presa...

  Vida máis alá dos problemas, Amigo merlo, respóstolle pampo.

  Abre as alas o meu Amigo, ollo un sorriso cómplice...

  Chiscoume un ollo, ou pareceumo, levanta o voo.

  Esperto do abraio...

  Miro o Val dende a fiestra, o vento e a chuvia seguen sen dar trégua...

  O merlo non sae do niño...

  Non me estraña...!!

  

  O Paraíso existe 

No hay comentarios:

Publicar un comentario