LATEXOS
"A paisaxe non ten unha linguaxe nen a luz unha gramática, pero milleiros de libros tratan de explicala", lin nalgún lado.
De nada vale predicar no deserto de quen nen ve nen escoita, hai cousas que só se senten coa Alma, e a beleza é unha delas, Xocas...
Non se fixo a mel para a boca do porco, nen a beleza dunhas flores, a luz dunha paisaxe ou o canto dos páxaros para quen non soña...
Latexa teu corazón ollando unhas simples flores, ves a beleza da primavera reflexada nun trino ou nunhas rosas...?
Os ollos, Xaquín, só son un escaparate, fai falla ter Alma.
A Natureza, merliño, é un chute de emocións, por elo madrugo a diario para ollar o Val espertando co teu trino, unha melodía que me provoca unha sobredose...
Aceléranse no meu corazón os LATEXOS escoitándoche agochado entre as rosas...
Eses anaquiños musicais que nos adicas cada mañá cedo non teñen pago, larpeiro...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario