domingo, 18 de junio de 2023

HAI CAMIÑO

 Cántas veces caemos na desazón chegada a noite...

  Todo se volta oscuro, mesmo a lúa ensoñadora non alumea, e a tronada, que descarga raios e auga a mares, aumenta aínda máis as dúbidas e os medos.

  Tumbado no diván da almofada, ollando a través da fiestra como os lóstregos iluminan o ceo das Brañas pedindo xustiza divina, a cabeza non acaba de atoparlle sentido a certas cousas...

  Mesmo o merlo non espalla seu canto, de seguro estará acurruchado no niño morto de medo.

  O camiño semella cheo de atrancos, avanzar non é doado, e coas botas do cerebro, enriba, cheas de auga...

  Será que camiño na dirección correcta e todo o bo leva consigo un sobrecusto...? Ou camiño trabucado e perdido nun deserto de dúbidas, nun mar de tempestades...?

  Nada teño claro, oxalá aparecera o merliño para darme unha resposta que me clarexara a mente, debo imaxinarme o seu canto...

  Pode que todo se volte oscuro, que avanzar sexa difícil, igual que o rexurdir das profundidades do inferno, coma a Ave Fénix, na procura daquelo que desexamos...

  Pero por moito que o lume che queime as alas, Amigo Xocas, HAI CAMIÑO...

  E quizáis, máis alá, estrelas brillantes...!!

  

  O Paraíso existe 



Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario