martes, 20 de junio de 2023

AS PEDRAS DOS CRUCEIROS


  "Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar do ceo un perdón."

  Así os vía un rianxeiro de pro, merliño. Sabes a quen me refiro...?

  Como non ei sabelo, Castelao é de quen falas, Xaquín. E ti que pensas deles.?

  Amigo merlo, son señas de identidade da Nosa Terra, que nos falan con moito cicel e maceta e poucas verbas...

  Son fermosas siluetas reflexadas no ceo a xeito de vela, producindo amenceres e  solpores de ensoño...

  Parada obrigada para alonxar o demo cun rezo...

  O pago dun arrepentimento...

  Un queixume que nos recorda a victoria da vida sobre a morte...

  Os sentimentos de grandes mestres canteiros espallados por camiños e prazas...

  Señas de identidade da nosa paisaxe, devoción e creencias coma a santa compaña...

  A atalaia que tanto che gusta, merliño, para darme os bos días e as boas noites...

   Todo elo, e moito máis, nos falan AS PEDRAS DOS CRUCEIROS, Amigo merlo.

  E que pouco se repara nelas, Xocas...!!

 

O Paraíso existe 



                                                                 Xaquín Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario