Levántome antes do abrente, teño que voar a Caldas...
Faláronme que no parque desta vila balneario con moitos anos de historia na beira do Umia, río teimudo coas enchentas, madruga un merlo para quen queira escoitar seu trino...
Por cousas así din que estou tolo, a Natureza provoca emocións, ten unha linguaxe, merliño.
Provoca emocións, Xaquín, ou non di nada, necesítase ter Alma para escoitala...
Non se fixo a mel para a boca do porco, tampouco os sons e as cores para quen non soña...
Hai cousas que só se aprecian coa Alma, a beleza da Natureza que nos rodea a primeira...
De nada vale un trino marabilloso nunha carballeira para quen nen olla nen escoita con ela...
É coma SEMBRAR NO DESERTO, Xocas...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario