domingo, 30 de abril de 2023

MOEDIÑA


  Xocas, que vas facer...?

  Votar unha moeda que teño no peto a esta fonte da praza, din que é miragreira, merliño teño soños por cumprir.

  Tirar unha moeda a unha fonte para pedir un desexo é algo habitual en vós polo que vexo,

jajajaja..., pero salvo que che sobren os cartos, Xaquín, paréceme absurdo ese proceder.

  A fe move montañas, Amigo merlo.

  Ata que non entendas que calquer cambio que pretendas realizar na túa vida depende exclusivamente de ti xamáis o vas a lograr, Xaquín.

  Vexo duro o camiño, merliño, e lonxe o final.

  Empeza, Xocas, dando o primeiro paso con determinación e os demais virán detrás del...

  Persegue eses soños que teñas ata o final, e de paso terás una MOEDIÑA máis no peto para dempois do partido das "Abellas" no fin de semana sentarte nun furancho co teu neto  Xoel a tomar unha cervexa fría e un refresco diante dunha larpeirada...

  A auga dunha fonte no vai facer por ti...!!

 

  O Paraíso existe 



No hay comentarios:

Publicar un comentario