lunes, 3 de abril de 2023

A DONA DOS SOÑOS


  Que terá...?

  Amence no Val de Laiño o primeiro luns de zapateiros da primavera, alguén colleu paleta e pinceis...

  Sorrí o merliño e vota unha cantarela:

  Xaquín, o solpor de onte na Ría era un presaxio, o sol estaba en trance e pasou a noite en vela para deixarnos un amencer de postal nas Brañas.

  Pintouno ben a conciencia, larpeiro.

  Coma se dun concurso de beleza se tratara, Xaquín...

  Escoiteino falar de noite coa lúa, quen lle propuxo vestir coas mellores galas os abrentes do Val do Ullán na semana de Pascua, festa rachada en Padrón e bisbarra, a Terra de Rosalía.

  Polo que ollo agora mesmo, merliño, semella que tampouco o astro rei puido resistirse aos seus encantos...

  Que terá esta embaucadora...?

  É A DONA DOS SOÑOS, Xocas...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                                Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario