Axeonlláronse os astros no ceo un día coma hoxe do febreiro de 1837...
Viña de nacer unha estrela, ROSALÍA DE CASTRO, a gran Poetisa da Nosa Terra.
Mentras olla o Val, faille as honras hoxe o merlo cantando dende a súa atalaia:
"...prados, ríos, arboredas,
muiños que move o vento,
páxariños piadores,
casiña do meu contento..."
Eu, abrindo a lacena da Alma e recordando ao avó Salvador recitando "...amoriñas das silveiras..."
Con ela rexurdiu a nosa língua. Máis que escribir versos provocaba os sentidos...
Levou a morriña á categoría de arte, cunha desgarradora sensibilidade...
Dáballe vida ás palabras, facendo que lendo o que da súa pluma brotou, a aquel@s que teñen Alma desbórdenselles os sentimentos...
"Como chove miudiño, como miudiño chove, pola banda de Laiño...", son versos que nos emocionan a moit@s dos que vivimos nas Brañas, e mesmo fan que hoxe ao merliño asómenlle as bágoas...
"Muiño dos castañares,
noites caras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar..."
Din, Amigo merlo, que foron as súas derradeiras verbas "Abre a fiestra, que quero ollar o mar", a imaxinación por fronteira...
Mil grazas, eterno luceiro, por tanta tenrura...!!
O Paraíso existe
No hay comentarios:
Publicar un comentario