Amigo merlo, amence un novo 8 de marzo, DIA DA MULLER, e por se non fora bastante todo cánto revoo se leva montado últimamente arredor delas, ata a chuvia fai hoxe acto de presencia na nosa querida Galicia para deslucir os actos previstos en favor da IGUALDADE DE XÉNERO.
A desigualdade entre ámbolos dous sexos aínda está presente na meirande parte das facetas de vida, e semella que a pelexa que queda por diante vai ser encarnizada, Xaquín.
Hai demasiados intereses do patriarcado por non rematar con ela, merliño.
É unha lousa, unha pesada cruz que as mulleres levan ás costas, contra a que as persoas de ben, ollo ó piollo co que para algúns significa, deben loitar para que esta lacra desapareza dunha vez por todas da sociedade, Amigo Xocas.
Albisco no horizonte do Val, larpeiro, por enriba da cruz da graneira dende a que a miúdo cantas, un arco da vella no que unhas cores, símbolo da celebración e das reivindicacións do día de hoxe, van facéndose oco pouco a pouco fuxindo do buraco no que se viron atrapadas as mulleres dende o nacemento da raza humana, o ollo vixiante e dominante do machismo cavernario.
Amigo Xocas, o téredes que adicar un día ao ano a recordalo fala ben as claras de que a loita non fixo máis que comezar, por desgraza hai quen se resiste a abandoar os privilexios...
Queda moito camiño por percorrer, pero xunt@s pódese...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario