lunes, 13 de febrero de 2023

OLLIÑOS DE POMBA

 

Cos teus olliños de pomba

ollando para o vacío

pousadiña nunha ponla

na procura de comida

 

cos teus ollos aceituna

i esa mirada soberbia

neniña ti que desexas

someterme á escravitude?

 

Máis pensando o que sufro

por ese amor que me negas

non dubidaría moito

en someterme ó cadalso

 

a esa prisión voluntaria

para demostrarche amor

afecto,  sinceridade

ledicia e grande paixón

 

mergullarme ó teu carón

nas longas noites de inverno

escoitando a túa voz

emborracharme de amor!!!


  Miguel Alberto,2023

No hay comentarios:

Publicar un comentario