miércoles, 1 de febrero de 2023

LISTILLO DE TURNO

 É o ceo do Val un arco da vella, ou un ollo que nos vixía...

  Cada quen ve o amencer según lle vaia na feira...

  O maxín do merlo vai máis alá, ten outra interpretación que espalla ao vento, sobre o que dende a súa atalaia, o vello hórreo,  observa...

  Vivimos, Xaquín, nunha inmensa rotonda e hai que estar vixiantes dende as primeiras luces do abrente, pois en calquer momento pode saír alguén polo carril que non corresponde e sen pór intermitente...

  Recorda aquel dito que xa de pequecho escoitabas na aldea, "onde non hai non se pode sacar, Xocas..."

  Tamén o proverbio xudeo que di que non debes acercarte a unha cabra por diante, por detrás a un cabalo, e a un idiota por ningunha parte...

  Vixía ben a rotonda porque o LISTILLO DE TURNO, Xaquín, pode aparecer novamente...

  Acouga, non debes deixarte alporizar polos comentarios dun idiota.

  Non vai pasar, Amigo merlo. Adiqueille xa demasiadas verbas e tempo para os méritos que ten, que son ben poucos, ningún se o xulgo ben a fondo...

  Merliño, pola conta que me ten, andarei ollo avizor na rotonda...!!

  

  O Paraíso existe 


                                                               Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario