Debaixo da miña aldea
brava con forza o río
regálanos cada noite un conto
ó pé da roda do muiño
cada quén ca súa leria
cada quén co seu terruño
fan da misa unha festa
están ledos cun trago de viño.
A vida na aldea é sinxela
ninguén precisa de moito
que haxa herva na palleira
que non falte o carro de toxos
que as vacas preñen de novo
que non nos morran os porcos
que non nos chova pá sega
que o millo chegue hasta o entroido
que medren moito os rapaces
que sigan con nós os avós
que o ano pase sen penas
que a festa amañámola nós!!!
Paki Espiño,2022
No hay comentarios:
Publicar un comentario