lunes, 29 de agosto de 2022

AQUEL PSICÓLOGO TABERNEIRO

En aqueles tempos, décadas dos sesenta ou setenta, as atencións médicas deixaban moito que desexar. 
Pasaba aquel -médico de familia-, que se 'extendia'  demasiado coa man para explorar. Ou ibas a outro de pago moi lexos cando non confiabas en aquelas atencións extremas e sospechosas, si o bolsillo cho permitía. 
Psicolóxicamente non había nin existían atencións, únicamente tomarlle uns grolos na taberna hasta última hora e consultar co taberneiro  ou amigos as tuas dúbidas ou problemas que non resolvías. 
 Falo no caso dos homes, porque as mulleres carecían de esa costume ou comodidade, desgraciadamente tiñan que resolver todo na casa, na do lado, na lareira ou entre sábanas si había sorte cando o home quedaba satisfeito e estaba por escoitar. 
Había algún veciño, que recordo, nunca tiña presa para marchar, esperaba a última hora para contarlle a meu avó as últimas dos seus traumas e buscar algunha solución para resolver si os consellos lle convencían. 
De cando en vez, había algunha trifulca por desacordos e insultos cando o alcohol subía demasiado os miolos, que acababan a labazadas entre varios, poucas veces chegando a sangue o río. 
Meu avó tiña moita paciencia, era parte do seu traballo, tiña que escoitar de todo e aconsellar o mellor que podía a cada paciente, e convencelo para poder  canto antes pechar  a porta. 
"É preciso criticar menos e entender máis".  Ese era o lema do avó.





                                                                Lino Saborido Rial

No hay comentarios:

Publicar un comentario