lunes, 30 de mayo de 2022

A FOTO

Nun caixón da vella cómoda,
coidado con grande celo,
adormiñaba un sobre
sobado polo trafego.


Atesouraba unha foto,
aínda en branco e negro,
e nela unha cativa
que non acadaba o metro.


Mais posaba fachendosa,
abofé que tiña xeito;
cunha risiña de leite
e uns caracois trigueños.


Diante da incolora foto
bagoaba un xoven vello,
co semblante axeado,
de pena esgazado o peito.




¡Qué linda é a miña nena!
ten olliños de luceiro.
¡Mira cómo me sorrí!
¿pero viches qué cabelo?


El namorouse dela,
ella nunca vio al abuelo”




                                         Silvia Figueiras Dovalo 


No hay comentarios:

Publicar un comentario