Levántome de mala baba, merliño...
Hai xente co coiro moi fino, aos que se lles hinchan axiña os pelindres cando falo de política, mesmo sexa de pasada como ocurreu onte á tarde co tema de Pepe e a gaivota.
Outra vez che crucificaron polo mesenger, Xaquín...? Non aprendes, mira que che dixen que eliminaras esa fiestra de entrada, que algúns usan para votar sapos pola boca e destilar bile contra aquel@s que non van polo seu rego, a maioría das veces dende un perfil opaco.
Amigo merlo, se non podo decir o que penso ou sinto no meu muro, non sobre política senón sobre calquer cousa, non vou pechar a ventá do mesenger, vou atrancar de par en par a porta de entrada do Facebook...
Hai que ser moi cortiño para non ver que o de onte ía de criticar ACTITUDES ANTE A VIDA, non todo vale para acadar a poltrona...
Decía o Amigo Ramón no seu comentario, que o conto de Pepe só era apto para público con criterio. Que razón tiña, a de borreg@s que circulan cos ollos pechados arredor do que lles contan, sen darse conta de que están sendo usad@s dun xeito maquiavélico para conseguir os intereses duns poucos, e non os deles...
Da dereita, do centro ou da esquerda, na rotonda do circo no que semella convertido a política deste País, un idiota sen cerebro é un idiota se non ve máis alá que unhas siglas ás que seguir cos ollos pechados...
Non sei cántos pasarían un psicotécnico se fora necesario para meter a papeleta nas urnas, larpeiro.
Jajajaja...Pensastes antes, Xaquín, se habería políticos suficientes para convocar eleccións? Só se lles pide apertar un botón de vez en cando, e aínda así...Non te alporices porque a meirande parte deles, alleos á realidade e fóra de toda ética, viven de puta madre e o pobo impórtalles unha merda.
Por eso me doe, Amigo merlo, que catro imbéciles, que non teñen outro nome, me critiquen do xeito que o fixeron onte polo de Pepe, para defender unha actitude que en calqueira outro eido da vida que non sexa o político, acabaría con tod@s na rúa a patadas.
Déixame cambiar o chip, non é tempo de tristuras e sí de perseguir soños nun horizonte entre nubes, que por desgraza non faltan...
Querid@s Amig@s, a aquel@s que tedes ollos na Alma pode que este solpor no Paraíso vos pinte o día de cor e vos faga a vida máis levadeira...
É martes e o refraneiro di o que tod@s sabemos...Sobre o de casar nada digo, pero o mar está coma un prato...
Disfrutádeo...!!
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario