domingo, 16 de enero de 2022

UNHA CORZA EN APUROS

 

O inverno facíase longo, coas neves nas montañas e os rios desbordados, as súas augas frias inundando os prados e terras de labor, as vacas tres meses sin saír do establo por mor de aquel tempo de invernía que non paraban nin os cans fora do seu palleiro. Eran últimos de Marzo e ninguén contaba que caería unha nevada tan grande por aquelas datas, pero nevou, vaia si nevou!, mais de medio metro foi medido na aldea de Aldarís polo señor Facundo, o home de mais edade do lugar, e, según él contaba, non recordaba unha nevada tan grande o longo da súa vida. Sobre medio día comenzaron a ladrar os cans da aldea de unha maneira nunca vista, e ninguén sabía o porqué. Foi a señora Eudosia que veu alá detrás da súa horta unha corza con síntomas de parir enterrada na neve. A señora, nin corta nin perezosa, achegóuse ó animaliño tentando axudalo a saír de aquel apuro, agarrándoa con unha corda polo seu pescozo e conducíndoa para dentro, ó pé das vacas no establo.

 Nese intre os cans deixaron de ladrar, pois habian cumplido co seu deber,(os animais saben entenderse entre eles) a corza dou a luz a duas crías la mar de bonitas e ó abrigo. Alí permaneceu por espacio de unhas catro semanas amamantando as súas crias co propio cariño de calquer nai, mesmo que estuvera presente a señora Eudosia, parecía un animal domesticado no medio de vacas e cabalos, como si fose criada naquel entorno.

Certo día pola mañán, cando chegou a dona da casa para alimentar a súa gandería, topóuse coa corte vacía, a corza non estaba, partira coas súas crías. Como o establo non estaba cerrado, simplemente pensou que xa eran horas de volver ó paraíso cos seus fillos para enseñarlles a defenderse pola vida, eso sí, unha vez que outra deixábase ver coa súa facenda(que cada vez medraban máis) alá pola carballeira aqueles animaliños con raias nos seus costados! Sería en agradecemento por axudarlle a traer ós seus fillos o mundo?

O tempo foi pasando e cada vez espaciabanse máis as visitas de aquela cierva coas súas crias hasta chegar a desaparecer no estío, pero a primeiros do inverno voltou a nevar nos montes da comarca e un día, a primeira hora, apareceu aquela nai na porta da señora Eudosia. Esta vez estaba sola, pero quería agradecerlle a aquela señora a axuda prestada no seu alumbramento, e esa foi a maneira de darlle as gracias o devandito animal.

 

      Miguel Alberto,2022

No hay comentarios:

Publicar un comentario