domingo, 30 de enero de 2022

REFLEXIÓN...INTERIORIZAR

 asa ás veces coa mente...Por fermoso que sexa un solpor, é presaxio de que axiña chega a oscuridade.

  Tamén as estrelas para iluminar a noite, Xaquín. 

  Amigo merlo, non che esperaba tan cedo logo da interesante charla que tivemos onte nas Torres, fíxosenos noite, nada estraño tendo en conta o tema e o entorno.

  É miña obriga saír ao rescate cando todo está oscuro, Xocas. Seguro que ollando dende o máis fondo da mente aparecerá unha raiola, unha estrela que por ténue que alumee marca un rumbo, un novo amencer, unha saída, e debemos atopala...

  Loita por fuxir das tenebras que envolven a Alma e persigue esa estrela...

  Todo canto vos rodea davos a posibilidade  de ollar ese raíño de luz que pode sacarvos do pozo no que cavades a vosa desesperanza, e ao que non lle atopádelo fondo...

  Pero recorda que non chega con ollar, debedes INTERIORIZAR a beleza dunha Natureza sempre disposta a votar unha man, ninguén ten mellores respostas a cántos problemas se vos plantexen...

  Imaxes capaces de romper os arames da xaula nos que a mente está encerrada, e de transportarvos nas súas alas a un horizonte que doutro xeito non atopariades...

  Amenceres que vos aportan unha paz que non tedes...

  Solpores presaxios non só da noite, senón de enriquecedores soños, coma o de onte nas Torres de Oeste en Catoira...

  A Natureza en plan "Patruia Canina", sempre ao rescate da Alma, Amigo Xocas.

  Grazas polo teu trino de esperanza é canto podo decir novamente. Merliño, non me faltes.

  Querid@ Amig@, por oscura que sexa a noite, deixa por un intre o sacho e levanta a vista...

  Albíscase unha luz no alto...!!





Xaquín Miguéns Ces



No hay comentarios:

Publicar un comentario