lunes, 10 de enero de 2022

REFLEXIÓN...AS LUCES DA NATUREZA

 Decía Herodoto, considerado o primeiro historiador, adicou gran parte da súa vida a viaxar, que as persoas confían menos nas orellas que nos ollos.

Non sei se pensaría o mesmo se tivera que usar lentes, Xaquín.
Vexo que a chuvia, que onte che obrigou a pasar todo o domingo no niño, non che afectou para mal e segues coa túa habitual retranca, merliño.
Ou eso, Amigo Xocas, ou hibernar ata a primavera, e non teño complexo de marmota...
Deixando as bromas, estou pensando que vivimos nun mundo no que o reloxo marca o devenir e corremos continuamente coma lebres sen saber a onde, cando o interesante sería deterse a respirar.
I eso a que ven agora, merliño...?
Atopábame ollando un grupo de persoas que baixaban dun autobús e saían como se os perseguira o demo.
Esa é a impresión que che deron, pero ben seguro que todos tiñan claro a onde ir. Outra cousa é que o destino os faga felices, e sobre todo o xeito de chegar a él...
Logo de dous anos nos que arredor noso se operaron cambios tan grandes por culpa da pandemia, e aos que nos vimos na obriga de adaptarnos, cheguei á conclusión, Amigo merlo, de que o único que paga a pena na vida é coller da man aos teus, deixar o reloxo na mesiña e, coma Herodoto, saír a viaxar para enchouparnos de toda a beleza que nos rodea.
Ti podes agora que deixáchela "galera". E os que teñan que remar...?
Non fai falla ir lonxe. En calquer lugar hai amenceres e solpores marabillosos para deterte uns intres a ollar...AS LUCES DA NATUREZA son as únicas capaces de iluminarnos, e adicarlle un anaquiño de tempo é ter todo o tempo do mundo para soñar.
E no inverno cando o sol colle "moscosos" e na Alma, Xaquín, todo semella oscuridade...?
Sobran xeitos de iluminar a Alma tamén en días fríos e tormentosos, á espera de que as cores da primavera cheguen ao rescate...
"Da primavera que sempre leva no corazón", era a resposta que onte a Amiga Esther lle daba a miña curmán Marisa, que me preguntaba de onde sacaba tantas flores. Eu non respostaría mellor.
Todos temos corazón, e primavera ou verán dentro de nós. Algúns, Amigo merlo, mesmo preferen a luz outonal...
E acercarse no inverno a un acantilado de mar aberto, escoitar berrar o vento, ollar o mar bater contra as rochas levantando montañas de espuma branca que inundan os niños dunhas gaivotas que non atopan acougo, seguro que che vai decir algo tamén.
Debo entender, según tí Xaquín, que a Natureza vai darnos sempre un motivo para levantar as alas e voar na procura de imaxes evocadoras.
Larpeiro, non teñas dúbidas. O que temos que facer e deixar detrás da porta da casa o reloxo, esquecernos do tempo e convertir as imaxes que temos diante en alimento da Alma, en poemas, en soños...É a maxia da Natureza.
Querid@s Amig@s, saír a dar un paseo con calma, agarradiños da man da Nai Natureza, é meu consello neste luns de zapateiros...
Déixate guiar pola súa variña máxica...
Acerta sempre...!!






Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario